•  
  • ';
  •  

Que se pode intercambiar?

As habilidades ou servizos que se poden intercambiar, recollidos no Decreto 182/2008, están relacionados, coas seguintes actividades:

- Realización de tarefas relacionadas co manexo de novas tecnoloxías.
- Axuda coas tarefas escolares.
- Realización de tarefas ou reparacións domésticas.
- Axuda para xestionar calquera tipo de trámite administrativo.
- Acompañamento en actividades de ocio, lecer e tempo libre.
- Acompañamento en actividades creativas e de diversión, xardinería, pintura, lectura de libros…
- Transporte e axuda en desprazamentos a hospitais, recados, compras…
- Calquera outra que a persoa socia poida ofrecer ou demandar.

Por outra banda o Banco de tempo vai ampliar os seus servizos de intercambio, cun novo sistema de PRÉSTAMO DE OBXECTOS, FERRAMENTAS E MATERIAIS.

As persoas socias poderán desfrutar dun sistema de intercamio de obxectos baseado na reciprocidade, que pretende reforzar os lazos de solidariedade e de pertenza a unha comunidade.

Catálogo de Recursos | Servizos a Intercambiar 2013